Preparación Pomos a ferver previamente a pataca, a cenoria e os chícharos ata que estean ao punto. Retirámolos e deixamos que arrefezan. Unha vez que estean cocidos, mesturamos todos os ingredientes nunha cunca, incorporamos a maionesa e remexemos ben toda a mestura. Nunha tixola con abundante aceite, fritimos un ovo e, unha vez listo, colocamos a ensalada nun molde de aceiro redondo para lle dar forma co ovo por enriba. Presentación Romper a xema e mesturar o ovo coa ensalada