Preparación Comezaremos cortando o polo en anacos o máis uniformes posible e non demasiado grandes; botaremos sal e pementa e rebozarémolos no pan raiado. Nunha tixola, fritirémolos con aceite de oliva extra e reservarémolos. Pelaremos e cortaremos a mazá e o queixo en cubiños e xa poderemos empratar. Presentación Sobre a cama de leitugas, colocaremos a mazá e o queixo e salgaremos. Engadiremos o polo e aliñaremos con aceite, vinagre e unha chisca de sal. Tamén se pode aliñar cunha salsa de maionesa, mostaza ou zume de limón.