Preparación Para comezar picaremos en anacos as peitugas de Polo de Curral e botaremos sal e pementa ao gusto A continuación, pasarémolas nunha tixola cunha cullerada de aceite ata que estean douradas Temos a opción de facer o escabeche antes de pasar as peitugas á prancha ou mentres estamos no proceso. Como saberás, o escabeche naceu como un método de conservación de alimentos en vinagre, aínda que hoxe en día se utiliza con outras fins. Actualmente, o seu valor gastronómico radica na textura e no sabor que lles aporta aos nosos pratos Para facer un bo escabeche, mesturaremos nunha cunca de 60 ml de vinagre, 100 ml de aceite de oliva, 2 follas de loureiro, pementa negra en grao e unha cenoria e cebola picadas Mesturaremos o escabeche coas peitugas e cociñaremos todo a lume lento ata que as peitugas estean tenras. É importante que este proceso o fagamos ben xa que de iso depende que o polo teña unha textura boa Deixaremos repousar a carne no escabeche fóra do lume ata que arrefríe Presentación Partiremos os cogollos á metade e botarémoslles un chisco de sal e de aceite para lles dar sabor. Poremos uns anacos de polo de Curral xunto ás verduras do escabeche. Ademais, colocaremos unha tira de pemento asado e unha anchoa enriba de cada cogollo. Botaremos un pouco de salsa de escabeche e xa estará listo para degustar.