background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Costeletón de Ternera Gallega á pementa cociñado na pedra

O costeletón é unha das xoias da carne vermella. Propómosche como sacarlle o máximo partido con esta deliciosa receita.

Preparación

    • En primeiro lugar, para lle sacar o máximo partido a esta receita, recomendámosche sacar os costeletóns do frigorífico entre 2 e 3 horas antes de os cociñar. Deste xeito, poderás apreciar mellor a graxa tan especial que ten esta carne e ademais verás que a carne se fai máis grande a medida que pasan as horas.
    • Corta a carne transversalmente en filetes de medio centímetro.
    • Pon a quecer unha prancha ou unha tixola plana a lume alto e cociña os costeletóns volta e volta, só para selar a carne e para que tome algo de cor. Debe quedar un pouco crúa por dentro.
    • Unta a pedra cun pouco de pingo ou coa graxa do propio costeletón (se a ten).
    • Cada comensal pode ir cociñando a carne ao seu gusto e engadir o sal e a pementa que desexe.

Presentación

Pódense acompañar os costeletóns cunha ensalada vexetal ou cunhas patacas panadeiras.