Preparación O primeiro que faremos será preparar a nosa salsa á pementa. Para iso picaremos a cebola finiña e saltearémola na tixola cun chorro de aceite e sal durante 5 minutos aproximadamente. Acto seguido, desfaremos cos dedos a pastilla de caldo enriba da tixola e engadiremos o viño branco deixando que se evapore o alcohol. Finalmente, engadiremos a nata e a cullerada de pementa verde deixando que espese todo a lume lento durante 5 minutos. Sazonaremos as costeletas e fritirémolas na tixola polos dous lados. Engadiremos a salsa de pementa e ferveremos todo un pouco. Á vez que facemos isto, pelaremos as patacas e picarémolas en tiras moi finas para despois fritilas. Presentación Presente ao gusto