background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Costela de porco Selecta ao forno con salsa barbacoa e patacas Deluxe

Coñeces as nosas carnes Selecta? Presentamos un delicioso prato de costela á grella que non te vai deixar indiferente seguro.

Preparación

    • Untaremos a tira de costela co aliño de aceite, sal e pirixel feito previamente nun morteiro e co forno prequentado a 190º.
      Colocarémola nunha bandexa cun chorriño de aceite, deixándoa durante 50 minutos aproximadamente para que quede crocante e zumarenta no interior.
    • Mentres se asa a costela, prepararemos a salsa barbacoa.
    • Para a salsa, douraremos os allos e a cebola, engadiremos os pementos asados co resto de ingredientes (a metade dun chile e a salsa de soia) e trituraremos a mestura, resultando nunha salsa untuosa.
    • Unha vez feita a salsa, coceremos as patacas enteiras con pel, cortarémolas lonxitudinalmente, pasarémolas pola maicena e fritirémolas cun pouco de comiño e pemento en po.
    • Pasados os 50 minutos, e se a costela está zumarenta e ben feita por dentro, poderemos retirala do forno.

Presentación

Podemos servir nun prato un anaco de costela coas patacas cortadas e un pouco de prebe á beira do prato.