background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Zanco de polo de Curral glaseado de améndoas e salsa de Ribeiro

Toma nota desta saborosa receita de polo que só precisa dun pouco de tempo e uns deliciosos ingredientes.

Preparación

    • Recoméndase macerar o polo a véspera coas especias e o aceite de oliva e deixalo refrixerado no frigorífico.
    • Douraranse os xamonciños de polo nunha cazola durante 20/25 minutos. Unha vez feitos, apagarase o lume e deixaranse dentro para que conserven a calor.
    • Nunha pota non moi fonda, sofritirase o allo, a cebola e a cenoria (previamente picadas). Unha vez que estea todo dourado, engadiranse os xamonciños, o vaso de viño e estufarase todo durante uns 45 minutos a lume medio.
    • Mentres se fai o estufado, poranse un par de dentes de allo canda os champiñóns e as améndoas nunha tixola ata que a mestura estea ben torrada e, cando estea lista, retirarase a unha cunca.
    • Nese mesmo aceite, torraranse as rebandas de pan. Abondará cun par de minutos por cada lado.
    • Nun vaso de batedor, engadirase o sofrito (allo, champiñóns e a metade das améndoas), unha rebanda de pan torrado, a salsa de viño do estufado e as cenorias e triturarase todo ben.

Presentación

Nun prato fondo, servirase a salsa enchendo o fondo coma se fose un caldo. A seguir, porase un zanco ou dous con algún anaco de améndoa e unha folla de tomiño por riba.