Preparación Nun recipiente mesturamos o iogur co allo moi picadiño, a reladura de lima, o sal e a pementa e introducimos os filetes de peituga de polo campeiro nesa mestura de iogur condimentado. Queda delicioso o polo con iogur Nunha cunca, mesturamos o pan raiado co tomiño, fresco ou seco, o pemento da Vera e a cebola en po mentres acendemos o forno e deixamos que queza uns minutos a 220º o Sacamos o polo de Curral do macerado e, ben empapado de iogur, enchoupámolo xenerosamente na mestura de pan relado xa especiado. Una vez que estean as peitugas de polo rebozadas, colocamos unha folla de papel de forno na bandexa, botámoslle un chisco de aceite de oliva virxe en spray e colocamos os filetes de peituga de polo, botándolles un pouco máis de aceite por riba. o Introducimos a bandexa no forno xa quente e, pasados 8 minutos, dámoslles a volta aos filetes e deixámolos facer 6 minutos máis pola outra beira. Listas as nosas peitugas rebozadas ao forno con iogur. Presentación Podemos acompañar os nosos filetes de polo empanados cunha cama de leitugas de diferentes cores.