background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Mini hamburguesa de Tenreira Galega con crema de queixo e cogombros

Así é como se cociñan unhas deliciosas mini hamburguesas de Tenreira Galega con crema de queixo e cogombros. Un aperitivo orixinal e de categoría para os teus comensais.

Preparación

    • Antes de empezar a preparar a receita, sacarase a carne da neveira durante 20 minutos aproximadamente para que non estea moi fría e se cociñe ben.
    • Comezarase por preparar a salsa de queixo cheddar (que será algo opcional para os que lles guste mesturar a carne coa salsa de queixo). Nun cazo a lume lento, porase a manteiga para que empece a se derreter e, unha vez que estea en proceso, engadiranse 2 culleradas de fariña. Pódese usar fariña de trigo ou de millo, como se prefira. Acto seguido, engadirase o leite e raiarase o queixo para incorporalo tamén á mestura, deixando que espese un pouco a salsa.
    • O seguinte paso será cociñar as mini hamburguesas. Se se ten unha prancha ou unha tixola grella, mellor. Porase a quecer a prancha a temperatura máxima. Con dúas culleradas de aceite ou, se se prefire, cunha brocha de cociña untada co aceite, pódense pincelar un pouco as hamburguesas. Unha vez que o lume estea quente, poranse as hamburguesas na prancha. Baixarase o lume para que se cociñen lentamente, sobre dous ou tres minutos por cada lado.
    • Pódese aproveitar para engadir algunha especia como pementa ou comiño.
    • Namentres se fai a hamburguesa, noutra tixola, torrarase un pouco o pan para lle dar un toque crocante. Empregarase unha táboa de madeira para comezar a montar as mini hamburguesas.

Presentación

Na base do pan colocaranse un par de cogombros cortados e engadirase unha pouca salsa de queixo por riba da carne antes de a tapar. Pódese acompañar o prato con algúns tomates cherry a un lado e cogombros ao outro.