background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Cocido galego

Presentámosche o prato estrela. Un delicioso cocido feito cos mellores ingredientes.

Preparación

    • O primeiro que debemos ter en conta é que tanto o lacón como a cachucha deberán estar en remollo durante un día e medio antes de facer o cocido, cambiando un par de veces a auga. Faremos o mesmo cos garavanzos, pero abondará con medio día de antelación.
    • Nunha pota de tamaño grande poremos auga no lume e cando empece a ferver engadiremos os garavanzos, a cachucha, o lacón e a carne de tenreira. En canto aos chourizos, hai quen tamén os engade neste paso ou quen os coce á parte; queda á túa elección.
    • Deixaremos que coza todo durante un par de horas aproximadamente e salgaremos cando leve unha hora no lume.
    • Pasado este tempo, retiraremos a carne para unha fonte e cortarémola ao gusto.
    • Noutra pota, coceremos o repolo ou a verdura que escolleramos xunto coas patacas enteiras e os chourizos por riba, no caso de que queiramos que vaian á parte. Pasados 20 minutos, sacaremos os chourizos e 10 minutos despois a verdura e as patacas.

Presentación

Podemos presentar o noso cocido en fontes diferentes: unha para a carne e os chourizos e outra para a verdura, os garavanzos e as patacas. E xa estamos listos para este manxar!