Preparación Comezaremos preparando o adobo para o lombo de cerdo nun morteiro. Cada quen ao seu gusto. Nós farémolo cunha chisca de aceite e de sal. Mentres adobamos o lombo, poremos a quentar o forno a 180-200º e deixarémolo entre 20-25 minutos. Para facer a crema de espinacas, coceremos unha pataca e cando estea practicamente cocida, escaldaremos as espinacas. Porémolo nun vaso e trituraremos ata conseguir unha crema homoxénea. Unha vez que estea a cinta de lombo feito, escaldaremos tamén os tomates e confeitarémolos con aceite, 1 dente de allo e romeiro. Presentación Podemos presentar o noso lombo nun prato de lousa, engadindo un pouco de crema de espinacas na base, por riba o lombo fileteado co queixo fundido e os tomates cherry nunha beira.