background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Chícharos salteados con chourizo Selecta e ovos de Curral

Unha receita sinxela e deliciosa da mano de Carmen Albo

Preparación

    • Comezamos pondo a quecer unha tixola cun chorro de aceite e incorporando a cebola, previamente cortada en “brunoise”.
    • Mentres se fai a cebola, cortamos 2 chourizos Selecta en taquiños e, cando a cebola estea rustrida, engadímolos deixando que se fagan un par de minutos.
    • Engadimos os chícharos (previamente cocidos) e refogamos ben outros dous minutos engadindo ½ cullerada sopeira de viño branco.
    • Ao mesmo tempo, nunha pota con auga fervendo e cun escalfador de ovos, engadimos un ovo e deixámolo cocer outros dous minutos para ter o noso ovo “poché”.
    • Unha vez que estea cocido, retiramos os chícharos co chourizo e a cebola a un prato e colocamos o ovo enriba.

Presentación

Partimos a xema do ovo no prato e mesturamos.