Preparación Comezaremos cortando as peitugas de polo en dados Unha vez que estean cortadas, espremeremos as 4 limas e mesturaremos o polo co zume Pelaremos as gambas e mesturarémolas con todo o anterior deixando repousar todo durante 2-3 horas Pasado este tempo, picaremos os aguacates co resto das hortalizas (tomates, cebola, pemento vermello e pemento verde) e mesturaremos todo Deixaremos macerar a mestura durante dúas horas, botarémoslle sal e pementa ao cebiche ao noso gusto e listo Presentación Ofrecémosvos dúas alternativas para unha boa presentación.Podemos partir un tomate á metade, baleirar as dúas partes e enchelo coa mestura do cebiche.Temos a opción de facer unha cama de follas de leituga cortadas en tiras finas e poñer o cebiche por riba delas.Que aproveite!