background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Carpaccio de Tenreira Galega con queixo parmesano e piñóns

Se queres un prato doado de preparar e exquisito no padal, mostrámosche como facer un delicioso carpaccio cunha das partes máis tenras da tenreira galega: o solombo.

Preparación

    • O primeiro será limpar o solombo quitándolle a graxa e os nervios. Envolverémolo nun film e meterémolo no conxelador arredor de 40 minutos.
    • Mentres a carne está no conxelador, prepararemos o adobo ou aderezo.
    • Nunha cunca, espreme os limóns ata chegar aos 50 ml de zume e, acto seguido, mestúrao co aceite de oliva, engadindo un toque de sal e de pementa ao gusto.
    • Pasados os 40 minutos, retira o solombo do conxelador quitándolle o film e córtao en filetes moi finos. Pódeste axudar dun martelo de carne ou da man do morteiro para os aplanar un pouco máis.
    • Só queda preparar o queixo parmesano. Usa un raiador para facer lascas e gardalas nunha cunca.

Presentación

Podes colocar o carpaccio nunha bandexa, aderezándoo coa mestura que se fixo previamente e, como toque final, engade as labras de queixo parmesano. Podes acompañalo cunha ensalada de rúcula que leve o mesmo aderezo e unha manchea de piñóns.