background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Capón recheo ao champaña

Propomos unha deliciosa receita para este Nadal co noso capón galego Coren como protagonista.

Preparación

    • Comezarase por remollar as ameixas en auga para que hidraten.
    • Escoller a metade das mazás e lavalas.
    • Pór nunha cazola a manteiga de porco cos dentes de allo e, cando o lume estea quente, dourar alí mesmo primeiro as ameixas e despois os 250 gramos de mazás.
    • Mentres se doura todo, pódese aproveitar para limpar ben o capón, xa que este será o seu recheo.
    • Unha vez que o capón estea limpo, comezar a enchelo engadíndolle tamén á mestura unha bóliña de manteiga, sal, pementa e unha copiña de coñac.
    • Coser o capón cun cordel para lle dar unha boa feitura e engadir sal e pementa por fóra.
    • Agora é momento de dourar o capón no forno e, con el, unha mazá pelada e cortada en tiras. O forno deberá estar a unha temperatura aproximada de 180º e o tempo de asado será duns 80 minutos.
    • Unha vez que o capón estea dourado, regalo co champaña e deixalo no forno a lume baixo ata que se desprendan as ás.
    • Mentres tanto, só queda preparar a salsa batendo ou espremendo a mazá (deixando dúas ou tres láminas para a gornición) xunto coa nata líquida e os champiñóns laminados e branqueados.

Presentación

Pódese presentar o capón nunha fonte e como gornición poden ir as láminas de mazá asada xunto cunhas patacas asadas con pel.