background recetas

Receitas

As mellores ideas de receitas

Ás de polo de Curral crocantes con alioli

Ensinámosche como preparar un petisco para ti ou para os teus invitados. Toma nota.

Preparación

    • Desosaremos as ás de polo de Curral deixando o oso e xuntando a carne cara unha beira dándolle a forma dun Chupa Chups.
    • Pasaremos as ás por fariña, ovo e panko e reservaremos.
    • Saltearemos o marmelo cun pouco azucre e aceite de oliva.
    • Nun vaso mesturador, engadiremos un ovo e un dente de allo, cubrirémolo con aceite e bateremos ata obter unha salsa cremosa.
    • Fritiremos as ás en abundante aceite ata que queden crocantes e escorrerémolas.

Presentación

Colocaremos nun prato as ás crocantes e nunha beira o alioli de marmelo.