Preparación O primeiro que prepararemos será a salsa. Para o facer, mesturaremos todos os ingredientes (excepto o polo) nunha pota ata que empece a ferver. Deixaremos a pota a lume lento durante aproximadamente 25 minutos ata que espese a salsa. Colleremos unha cunca e botaremos unha pouca salsa para colocar dentro as ás de polo. Debemos enchoupalas ben para que collan todo o sabor. Se che resulta máis doado, pódeste axudar dunha brocha para chegar aos recunchos máis difíciles. Unha vez enchoupadas, deixarémolas repousar arredor de 45 minutos. Poremos a quecer o forno a 180º e meteremos as ás nunha bandexa durante 30 minutos máis. É necesario estar pendentes para lles dar a volta a medida que vaian estando feitas. Unha vez que estean ben crocantes, sacarémolas do forno e acompañarémolas co resto da salsa que previamente fixeramos. Presentación Se queres que a túa presentación sexa perfecta, podes acompañar as ás cunhas verduras á prancha ou cunhas patacas gaxo ao forno. Non deixes que arrefríen as ás. O mellor momento para degustar este prato é acabado de facer.