Preparación Para as albóndegas de polo, mesturamos a carne picada de polo de Curral co xamón Selecta moi picadiño, un ovo de Curral, sal, pementa e 2 culleradas rasas de fariña. Formamos as albóndegas, enfariñámolas e, unha vez formadas, facémoslles un buratiño cun dedo. Introducimos no buratiño das das albóndegas de carne picada de polo un cuadradito de Queixo San Simóne volvémoslles dar forma. Botámoslle un pouco de spray de aceite nun papel de forno e colocamos sobre el as albóndegas, ás que despois tamén lles botamos spray de aceite. Selamos as albóndegas introducíndoas no forno a 250° durante 9 minutos. Mentres se fan as albóndegas de polo no forno, rustrimos a o ceboliño nun pouco aceite. Unha vez rustrida a cebola, engadimos o xamón Selecta, deixamos que solte a graxa e engadimos os chícaros. Botamos sal e pementa. Engadímoslle ao prebe 150 ml de auga ou de viño branco. Incorporamos as albóndegas de polo de Curral ao guiso do xamón Selecta e os chícharos e deixamos facer 10 minutos na tarteira. Presentación Deixamos as albóndegas de polo de Curral na tarteira e servímolas directamente desde aí.