Preparación Comezarase coa salsa. Para tal fin, pocharase a cebola picada e o allo en láminas nunha cazola. Cando comece a se dourar, engadiranse os pementos e a cenoria en taquiños pequenos. Refogarase todo e engadirase a presada de carne picada, a carne dos osos do xamón (se se fixo o caldo) e unha pouca de fariña. Deixar que coza todo un pouco e 5 minutos despois engadir o tomate triturado, o vaso de viño e o caldo e pasar todo polo batedor ata que quede un prebe homoxéneo. Nunha cunca, porase a carne, o allo, o sal e o pirixel (previamente machucados nun morteiro), os ovos e o miolo do pan ben decorrido. Remexerase todo ben e, unha vez que se poida traballar coa mestura, comezaranse a facer as albóndegas, selándoas ao rematar coa fariña para que non se desfagan. Cando xa estea lista a salsa, nunha pota á parte, douraranse as albóndegas con aceite de oliva para, unha vez que estean feitas, pasalas á cazola coa salsa e deixalas cocer entre 15 e 20 minutos a lume baixo. Presentación Pódense presentar as albóndegas nunha fonte metalizada redonda coa salsa acompañándoas. Como gornición, un arroz branco nunca falla.