Tradición e Innovación

Porco de Castañas


A carne de porco alimentado con castañas constitúe un dos produtos referentes de Coren, que desde o primeiro momento do seu lanzamento ao mercado conquistou os consumidores, que valoran esta carne zumenta polo seu entrefebrado e o seu sabor especial, cun toque lixeiramente doce, grazas á alimentación con castañas.

A gama de Castañas xorde en 2012 dun proxecto de I+D de Coren, que pretendía dar resposta á demanda dunha carne máis zumenta e saborosa, con ese sabor especial que lembramos das carnes de antes. E unha das claves dese sabor de antano era precisamente que os porcos se alimentaban con castañas galegas. Por iso, Coren recuperou a castaña para a alimentación dos porcos na súa gama de Castañas.

A través do seu proxecto, Coren contribúe á sostibilidade do rural, xerando emprego directo para máis de 100 familias. Ademais, coa súa demanda de castaña, a cooperativa promove a conservación dos soutos galegos. Actualmente, Coren demanda 4,7 millóns de quilos de castaña para a súa produción de Castañas, equivalentes a 160.000 árbores en 2.100 hectáreas de terreo.

As claves do de Castañas


  • Raza de porco seleccionada para facilitar a infiltración de graxa. Grazas a esta infiltración de graxa, a carne de Castañas é máis zumenta, saborosa e entrefebrada, o que lle dá un sabor máis intenso e unha textura máis tenra e zumenta.
  • Crianza tradicional co máximo benestar animal: os porcos da Gama de Castañas críanse en Galicia con todos os coidados dos granxeiros de Coren, nun ambiente tranquilo –no que dispoñen de xoguetes e outras comodidades– e totalmente libre de estrés, o que redunda no produto final.
  • Alimentación con castañas galegas: os porcos gozan dunha alimentación completamente natural a base de castañas galegas, recuperando así a tradición galega.
A castaña que se destina á alimentación dos porcos procede integramente de Galicia. Coren recolle a castañas en tempada e despois pélanse, cócense e conxélanse co obxectivo de ter dispoñibilidade para alimentar os porcos durante todo o ano, mantendo intactas as súas propiedades nutricionais.

A gama de Castañas conta cunha ampla gama de produtos, entre os que cabe destacar:

Descobre os nosos produtos de Porco de Castañas

XAMÓN DE CASTAÑAS


O xamón de Castañas de Coren é o único do mundo de castañas galegas. Cúrase de modo artesanal e co agarimo dos mestres xamoneiros de Coren para obter o seu característico delicioso aroma, intenso entrefebrado e punto xusto de curación, sendo estas pezas artesanais exclusivas cun sabor que evoca a castaña e a tradición galega..

PRESA DE CASTAÑAS


A procedencia de porcos de raza seleccionada criados co máximo benestar, e a alimentación a base de castañas galegas, contribúen a obter unhas carnes da máxima calidade, que se caracterizan polo seu entrefebrado graxo e, sobre todo, polo seu excelente sabor de antano, co toque lixeiramente doce que lle dá a castaña.

Secreto de porco

LACÓN DE CASTAÑAS


Referente dos nosos produtos curados, en particular para a preparación dos cocidos típicos de Galicia no outono e inverno, elaboramos o noso Lacón de Castañas de modo tradicional, como sempre se fixo en Galicia, procedente de porcos seleccionados e alimentados con castañas galegas, que lle achegan graxa infiltrada, faios máis zumarentos e dálles un sabor especial. Este saber facer tradicional e a alimentación con castañas danlle ao produto unha textura e sabor tradicionais.

lacon de Castañas

MINIS CHOURIZO E SALCHICHÓN DE CASTAÑAS


Os nosos novos envases mini de chourizo e salchichón de porco alimentado con castañas, son perfectos para merendas ou almorzos para levar.

Co seu formato de peto, podes desfrutar do delicioso sabor destes dous produtos dun xeito práctico con toda a textura e sabor tradicional dos nosos produtos de Castañas.

minis chorizo salchichon de Castañas

As nosas producións