Skip to content
Idioma:
GL
EN
ES
GL
Traballa connosco
Contacto
Open / Close menu
Coñécenos
Coñécenos
Carta do presidente
A nosa Historia
Misión e valores
Estrutura
En cifras
As nosas Industrias
Produtos
Receitas
Compromiso Social
Comunicación
Comunicación
Noticias
Vídeos
Blog
Portada
»
A nosa Historia
HOXE
2021
2020
2018
2017
2015
2013
2006
2003
1995
1986
1984
1997
1979
1975
1970
1965
1962
1959
2012
A Nosa Historia
A historia de Coren é a historia dun éxito no campo galego. Case 60 anos de traballo e esforzo que nos levaron a ser líderes no sector agroalimentario. Cando nacemos ninguén podía imaxinar que chegariamos tan lonxe, mais xuntos marcamos un fito en Galicia.
Actualidade
HOXE
Na actualidade, Coren segue traballando día a día co obxectivo de ofrecer aos seus consumidores produtos 100 % galegos e da máxima calidade, reforzando o seu posicionamento no mercado nacional e ampliando a súa presenza a nivel internacional. E todo iso mantendo a súa produción e industrialización en Galicia, baseándose nos valores de benestar animal e respecto ao medio ambiente. Porque Coren non esquece o seu compromiso orixinario: xerar emprego e riqueza na nosa terra.
Actualidade
2021
Ponse en marcha a Planta de Biogás no recinto do Centro de Procesado Avícola, un proxecto innovador e pioneiro no sector enmarcado dentro do compromiso de produción sostible e os principios da economía circular.
Actualidade
2020
Dentro do seu obxectivo de se dimensionar para facer fronte aos retos do mercado nos próximos anos, o Grupo Coren completa o ciclo de produción de pavo coa posta en funcionamento do seu Centro de Incubación de Paviños en Sobreira (Vilamarín, Ourense), incorporando as últimas tecnoloxías do sector.
Anos 2000
2018
Ademais, a cooperativa segue acometendo novos proxectos e en 2018 inaugura o seu Centro de Selección Xenética de Friol (Lugo).
Anos 2000
2017
Coren cumpre o seu 55 aniversario posicionada como a maior cooperativa agroalimentaria cárnica de España. A súa actividade representa máis do 50 % da produción gandeira de Galicia. A súa facturación en 2017 superou os 1.000 millóns de euros.
Anos 2000
2015
Coren seguiu medrando en todas as súas áreas coa creación de modernas instalacións coma o Centro de Selección Xenética de Celanova ou a Planta de Enerxía Renovable. Ademais, a finais de 2015 presenta en Leiro (Ourense) o plan estratéxico que marcará o crecemento da súa gama Selecta de porco alimentado con castañas.
Anos 2000
2013
No Nadal de 2013 prodúcese outro dos fitos máis especiais da historia de Coren: a chegada ao Vaticano e a entrega ao Papa Francisco da Pularda do Convento de Allariz.
Anos 2000
2006
Os retos do novo entorno globalizado levan a Coren a iniciar en 2004 o seu proxecto máis importante: a construción do Centro de Procesado Avícola de Santa Cruz de Arrabaldo. O complexo, inaugurado en 2006 polos Reis D. Xoán Carlos e Dª. Sofía, foi estratéxico para posicionar Coren como líder en distribución avícola. Esta industria de 150.000 metros cadrados, na que o investimento acumulado desde os seus inicios ata hoxe supera os 250 millóns de euros, é un modelo en tecnoloxía e seguridade alimentaria na UE, que permitiu dar resposta ás necesidades do mercado e á demanda de cada cliente, e na que se producen máis de 1.700 referencias.
Anos 2000
2003
Para gañar dimensión na área da nutrición, Coren constrúe a Planta de Nutrición Animal de Bonxe (Lugo), dotada coas últimas tecnoloxías e referente mundial en alimentación gandeira.
Anos 90
1995
Créanse novas cooperativas, como a de xatos, e mércase a antiga planta de Frigsa (Lugo), hoxe Novafrigsa, sede do Centro de Procesado de Vacún de Carne e dos secadoiros de xamóns. De igual xeito, o Centro de Procesado de Porcino Frigolouro expándese ata acadar os 80.000 metros cadrados e dótase coas máis modernas tecnoloxías para atender a demanda dos mercados nacionais e internacionais, fundamentalmente os asiáticos.
Anos 80
1986
Manuel Gómez-Franqueira afronta o seu primeiro desafío: adaptar a cooperativa ao entorno comunitario ao que se acababa de incorporar España, o que requiría un cambio de mentalidade e novos proxectos. Ademais, moitas granxas creadas nos primeiros anos enfrontábanse á falta de relevo xeracional. Había que reorientar a estratexia, polo que se crean os primeiros grupos gandeiros. Igualmente, a mediados dos 80 créase a segunda fábrica de pensos no Polígono de San Cibrao das Viñas.
Anos 80
1984
D. Eulogio Gómez-Franqueira mantívose á fronte da cooperativa ata 1984. A dirección xeral do grupo pasa ao seu fillo D. Manuel Gómez-Franqueira Álvarez, que se incorporara á empresa en 1975, e quen se iniciou dende abaixo para coñecer as diversas áreas, ata ser nomeado Director Xeral de Coren na asemblea de 1986.
Anos 90
1997
Inaugúrase o Centro Tecnolóxico de Incubación de poliños dun día, coa presenza do daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga; que un ano despois recibiría a visita do Príncipe Filipe, hoxe Rei Filipe VI.
Anos 70
1979
A cooperativa estende a súa presenza no mercado de porcino e en 1979 adquire a planta de Industrias Frigoríficas do Louro (Frigolouro) no Porriño.
Anos 70
1975
Constitúese a cooperativa de produción de ovos, que pon en marcha a Planta Clasificadora. Para ampliar a súa estrutura produtiva en alimentación animal, créase a primeira fábrica de pensos no Polígono de San Cibrao das Viñas.
Anos 70
1970
A cooperativa completa o ciclo de polos coa construción da súa primeira incubadora en Taboadela.
Anos 60
1965
Los socios de Uteco deciden desvincularse de los americanos e iniciar su andadura en solitario. Para ello, necesitaban una estructura propia, por lo que promueven el matadero avícola de Santa Cruz de Arrabaldo y la fábrica de piensos de O Vinteún, mientras continúan recibiendo los pollitos de un día de la incubadora de los americanos en Sarria (Lugo). La iniciativa fue un éxito y pronto surgieron nuevas granjas e industrias.
Anos 60
1962
Se crea la primera cooperativa de 20 socios, con un acuerdo con la compañía americana Swift, que suministraba los pollitos de un día y el pienso.
Anos 50
1959
A orixe de Coren remóntase a mediados dos anos 50 cando os americanos promoven en Europa a avicultura orientada ao mercado. En 1959, contactan co xerente de Uteco Ourense, D. Eulogio Gómez Franqueira, e propóñenlle un plan: crear 20 granxas de 5.000 poliños. Naquela Galicia marcada pola extrema pobreza do rural e a emigración, D. Eulogio Gómez Franqueira creu que era posible vivir dignamente do campo e puxo en marcha aquel proxecto.
Anos 2000
2012
Froito da súa aposta polo I+D, Coren lanza a gama Selecta de porco alimentado con castañas, unha das súas liñas con máis éxito, e en 2013 inaugura os seus secadoiros de xamóns en Lugo, unhas modernas instalacións con capacidade para 700.000 pezas.