Coren é unha cooperativa de segundo grao, é dicir, unha “cooperativa de cooperativas”.
Os produtores das diversas actividades (avicultura, porcino, vacún, cunicultura ou posta de ovos) asócianse en cooperativas e estas, á súa vez, intégranse mediante o réxime cooperativo en Coren. Por iso, Coren é unha cooperativa de segundo grao.
Esta estrutura permite que granxeiros se impliquen de xeito directo na xestión. Eles son, por tanto, os máximos interesados en lograr a maior calidade en cada fase do proceso produtivo e nunha xestión socialmente responsable, claves do éxito do “modelo Coren”.