compromiso imagen

Compromiso Social

O Grupo Coren ten un firme compromiso coa sociedade e co medio ambiente en todas as súas actividades. Por iso, promove un modelo de actuación baseado na responsabilidade e na sostibilidade, actuando de maneira ética e responsable.

Coren é unha cooperativa e, como tal, asume os valores cooperativos de equidade, a colaboración, a responsabilidade social e o compromiso cos demais.

Os principais compromisos da Política de Responsabilidade Social do Grupo Coren son:

*Pica en cada un deles para acceder a máis información.

Coren é unha empresa responsable e comprometida coa sociedade na que se integra, polo que desexa contribuír ao seu desenvolvemento con iniciativas en beneficio da comunidade. Desde as súas orixes, Coren traballa polo progreso e a xeración de riqueza no campo galego, por iso mantén toda a súa actividade –tanto produción como industrias– en Galicia. Xa que logo, promove o emprego de calidade no rural, ofrecendo un futuro digno para as novas xeración e evitando o abandono do campo. Como parte do seu compromiso social, Coren colabora con máis de 30 entidades sociais, como ONGs, comedores, parroquias, casas de acollida… cunha achega anual de máis de 80 toneladas de alimentos distribuídas entre os beneficiarios dos seus programas de acción social. Tamén apoia protectoras de animaiscunha achega anual de 150.000 quilos de produto para alimentación. Ademais, a cooperativa colabora con entidades ou institucións como universidades para impulsar proxectos de investigación e fomentar a formación e o emprego, ademais de apoiar proxectos culturais ou deportivos.

Responsabilidade e honestidade guían a nosa relación con todos os involucrados na actividade do Grupo Coren, incluídos clientes e provedores.

COOPERATIVISTAS

Como cooperativa, outorgamos a cada un dos nosos socios un papel destacado coa premisa de que as persoas prevalecen sobre o capital. Promovemos o concepto de unión e integración no que os socios e empregados forman a “gran familia Coren”.

TRABALLADORES

Garantimos a saúde e a seguridade de todos os traballadores fomentando un entorno laboral estable e promovendo a igualdade e a conciliación da vida laboral e persoal. Tamén promovemos programas de formación continua e mantemos unha comunicación fluída con todo o equipo humano da cooperativa.

CLIENTES E CONSUMIDORES

Temos un compromiso cos nosos clientes e consumidores como resposta á confianza depositada en nós. Por iso, mantemos unha permanente orientación de mercado para atender as demandas dos clientes, mesmo anticipándonos a elas. E facémolo desde a premisa irrenunciable de ofrecermos alimentos da máxima calidade e seguridade alimentaria..

Ofrecer produtos da máxima calidade é desde sempre o noso principal obxectivo: satisfacer os consumidores levando á súa mesa só o mellor. Por iso, aplicamos exhaustivos controis de calidade en todas as fases do proceso para acadar a excelencia. Ademais, impulsamos produtos de calidade diferenciada como o noso Polo de Curral ou os Ovos Campeiros, cos que recuperamos a crianza tradicional con saída libre ao campo e a alimentación a base de millo; a gama Selecta de porco alimentado con castañas ou as producións ecolóxicas avaladas polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

TRAZABILIDADE E SEGURIDADE ALIMENTARIA

Dentro do noso compromiso coa seguridade alimentaria, fomos pioneiros en implantar sistemas de trazabilidade que avalan a completa seguridade en toda a cadea alimentaria, desde a orixe ata a chegada ao consumidor.

INNOVACIÓN

Promovemos unha innovación continuaque dea valor aos nosos produtos e manteña a Coren na vangarda do sector. Para iso, contamos cun equipo de máis de 60 persoas que participan en proxectos de I+D+i en todos os nosos ámbitos de actividade. CONSULTA AQUÍ AS NOSAS CERTIFICACIÓNS DE CALIDADE

Fieis ao compromiso de compatibilizar a actividade agrogandeira co máximo coidado do entorno, os nosos socios implícanse cun modelo de traballo responsable que opera desde un absoluto respecto medioambiental, impulsando prácticas sostibles.

COMPROMETIDOS CO CAMPO GALEGO

Impulsamos o rural galego con iniciativas como as producións campeiras e ecolóxicasproducións campeiras e ecolóxicas, criadas con saída libre ao campo, recuperando terreos e evitando o seu abandono; e a posta en valor de montes comunais para a cría de vacún en extensivo ou o cultivo de cereais ecolóxicos.

Contribuímos a recuperar os soutos, tanto grazas á demanda de castaña de Galiciapara a nosa gama Selecta como con plantacións propias en granxas.

Involucrámonos de xeito activo na protección da comarca da Limia (Ourense), coa que os socios de Coren teñen gran vinculación, participando na “Mesa da Limia”, plataforma social que traballa pola mellora ambiental da zona.

EFICIENCIA ENERXÉTICA

Optimizamos os recursos en granxas e industrias, sendo enerxeticamente responsables e minimizando os impactos ambientais.

As granxas da cooperativa contan con sistemas de enerxía fotovoltaica e biomasa, ademais de potenciar o uso da xeotérmica.

Ademais, substituíronse en todas as industrias os combustibles fósiles por gas natural e outras fontes renovables, amais de implantar os sistemas enerxéticos máis eficientes.

ECONOMÍA CIRCULAR

Promovemos o máximo aproveitamento, reutilización e optimización de recursos.

Por iso, as nosas granxas contan cos máis modernos sistemas de xestión de residuos (inxectores, ultracentrifugación portátil…).

Impulsamos a investigación de novos sistemas de tratamento e valorización de residuos, o que nos levou xa a pór en marcha tres innovadoras plantas:

  • O Centro Tecnolóxico Medioambiental da Limia
  • A Planta de Enerxía Renovable para o tratamento de biomasa gandeira (actualmente en ampliación nunha segunda fase)
  • A Planta de Biometanización para a xeración de biogás
  • Reducimos o consumo de recursos naturais como a auga e contamos coas últimas tecnoloxías en depuraciónpara devolver ao medio a auga con parámetros de calidade incluso mellores ca cando a recibimos.

    Tamén promovemos a reciclaxe, a redución do uso de plástico nos nosos envases e o uso de materiais reciclados.

    RESPONSABILIDADE ANTE O CAMBIO CLIMÁTICO

    Hai anos comezamos a transición cara fontes de enerxía limpas modernizando os nosos sistemas enerxéticos e potenciando as enerxías renovables (biomasa, xeotermia, fotovoltaica) co obxectivo de desenvolver unha actividade integramente sostible e reducir a pegada de carbono.

    Estamos plenamente comprometidos en levar á práctica o Acordo do Clima de París e o Pacto polo Clima das Nacións Unidas. De feito, nos últimos cinco anos reducimos as emisións de CO2 nun 45% e traballamos cada día para conseguirmos a neutralidade das emisións en 2040..

En Coren traballamos con absoluto respecto aos animais. O seu benestar é a nosa prioridade, por iso facemos o máximo en favor do seu coidado, investindo en melloras constantes e na implantación de boas prácticas que nos permitan garantir o máximo confort na súa crianza. O Plan de Benestar Animal de Coren está enfocado desde unha perspectiva integral para criar os nosos animais en condicións que permitan o seu óptimo desenvolvemento en canto á alimentación, saúde e bioseguridade, comodidade do seu entorno e estado emocional, mesmo superando os requisitos esixidos polas normativas vixentes. E sempre co agarimo e a máxima atención por parte dos nosos granxeiros. Exemplo é o seguinte:
  • As nosas producións de Curral, Selecta e ecolóxicas críanse con saída libre ao campo.
  • Producimos ovos unicamente campeiros: Coren só comercializa ovos de galiñas libres de gaiolas e con saída ao campo.
  • Promovemos que o espazo do que gozan os animais sexa superior ao esixido pola normativa europea.
  • As granxas contan coas últimas tecnoloxías que permiten un exhaustivo control da alimentación, ventilación ou temperatura para se axustar ao estado ideal de cada animal.
  • Os nosos porcos dispoñen de camas de palla, xoguetes ou música clásica, co que incidimos nunha crianza feliz e libre de estrés.
  • Alimentamos os nosos animais só con cereais seleccionadosa base das materias primas tradicionais de Galicia como o millo do noso polo de Curral e as galiñas campeiras, ou a castaña do noso porco Selecta.
O grande esforzo e o investimento da cooperativa no seu Plan de Benestar Animal foille recoñecido coas principais certificacións do sector, que só reciben as empresas que traballan seguindo estritos principios éticos e de sostibilidade.

Comprometidos cos obxectivos de desenvolvemento sostible


Coren, como cooperativa responsable e comprometida coa sociedade, traballa tamén para conseguir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible promulgados polas Nacións Unidas para 2030, co fin de conseguir un futuro sostible para todos.
Compromiso Social