Tradición e Innovación
Porco de Castañas
A carne de porco alimentado con castañas constitúe un dos produtos referentes de Coren, que desde o primeiro momento do seu lanzamento ao mercado conquistou os consumidores, que valoran esta carne zumenta polo seu entrefebrado e o seu sabor especial, cun toque lixeiramente doce, grazas á alimentación con castañas.
A gama de Castañas xorde en 2012 dun proxecto de I+D de Coren, que pretendía dar resposta á demanda dunha carne máis zumenta e saborosa, con ese sabor especial que lembramos das carnes de antes. E unha das claves dese sabor de antano era precisamente que os porcos se alimentaban con castañas galegas. Por iso, Coren recuperou a castaña para a alimentación dos porcos na súa gama de Castañas.
A través do seu proxecto, Coren contribúe á sostibilidade do rural, xerando emprego directo para máis de 100 familias. Ademais, coa súa demanda de castaña, a cooperativa promove a conservación dos soutos galegos. Actualmente, Coren demanda 4,7 millóns de quilos de castaña para a súa produción de Castañas, equivalentes a 160.000 árbores en 2.100 hectáreas de terreo.
As claves do de Castañas
-
Raza de porco seleccionada para facilitar a infiltración de graxa. Grazas a esta infiltración de graxa, a carne de Castañas é máis zumenta, saborosa e entrefebrada, o que lle dá un sabor máis intenso e unha textura máis tenra e zumenta.
-
Crianza tradicional co máximo benestar animal: os porcos da Gama de Castañas críanse en Galicia con todos os coidados dos granxeiros de Coren, nun ambiente tranquilo –no que dispoñen de xoguetes e outras comodidades– e totalmente libre de estrés, o que redunda no produto final.
-
Alimentación con castañas galegas: os porcos gozan dunha alimentación completamente natural a base de castañas galegas, recuperando así a tradición galega.
A castaña que se destina á alimentación dos porcos procede integramente de Galicia. Coren recolle a castañas en tempada e despois pélanse, cócense e conxélanse co obxectivo de ter dispoñibilidade para alimentar os porcos durante todo o ano, mantendo intactas as súas propiedades nutricionais.
![]()