Goza dun sabor único
O AUTÉNTICO POLO CAMPERO
O DE TODA A VIDA
En Coren fomos pioneiros hai xa máis de 25 anos na produción de polo campeiro coa marca Polo de Curral. Para iso, recuperamos a crianza tradicional dos nosos avós, como sempre se fixera en Galicia.
O noso polo de curral medra feliz, co máximo benestar e goza de saída libre ao campo. Ademais, recibe unha alimentación completamente vexetal a base de cereais, principalmente millo. Son as claves para ofrecer o sabor e a textura de sempre.
A día de hoxe, Coren mantense como o primeiro produtor de polo campeiro de España e segue defendendo os valores dun proxecto baseado no benestar animal e na sostibilidade do rural. De feito, máis de 100 familias de granxeiros dedícanse a esta produción, que contribúe á recuperación de terreos no campo e a fixar poboación no rural galego, evitando o seu abandono.
Razóns que o fan diferente
-
Alimentación 100% vexetal con
un mínimo de 70% de cereais,
sendo o 50% millo. -
Crianza tradicional en
liberdade, con saída libre
ao campo galego. -
Raza seleccionada
de crecemento lento.
Sabías que?
A raza, a crianza en condicións de benestar e a alimentacióncontribúen a crear produtos únicos de excepcional sabor e textura.
A calidade dos produtos de curral está certificada por SGS e Galicia Calidade.
Todas as nosas granxas son de pequeno tamaño e están situadas no sur da provincia de Ourense.
Hai máis dunha centena de granxeiros asociados á cría de polo de curral de Coren.
No polo de curral de Coren, a súa característica cor amarela procede da inxestión diaria de millo.
A característica cor amarela do polo de curral de Coren procede da inxestión diaria de millo.
Críase en granxas cun espazo dispoñible de mínimo 1 m2 por ave.