Procesos de selección No Grupo Coren cremos que o proceso de selección debe ser continuo, buscando, atraendo e retendo os mellores profesionais, independentemente da etapa da carreira profesional na que se atopen: entrevistas por competencias, dinámicas grupais, exercicios de role play, tests psicotécnicos, probas de ... No Grupo Coren cremos que o proceso de selección debe ser continuo, buscando, atraendo e retendo os mellores profesionais, independentemente da etapa da carreira profesional na que se atopen: entrevistas por competencias, dinámicas grupais, exercicios de role play, tests psicotécnicos, probas de nivel ou estudos de casos de negocio. Se estás interesado en participar nalgún dos nosos procesos de selección, accede ao listado de postos vacantes ou rexistra o teu CV incorporando todos os datos que consideres relevantes. Seguir lendo
Profesionais con experiencia No Grupo Coren buscamos os mellores profesionais de cada área e seleccionámolos segundo as súas competencias persoais e profesionais e segundo os seus valores individuais. Buscamos colaboradores dotados dunha personalidade e aptitudes profesionais que lles permitan desenvolver unha relación a lon... No Grupo Coren buscamos os mellores profesionais de cada área e seleccionámolos segundo as súas competencias persoais e profesionais e segundo os seus valores individuais. Buscamos colaboradores dotados dunha personalidade e aptitudes profesionais que lles permitan desenvolver unha relación a longo prazo co Grupo, compartindo os nosos valores, a nosa misión e obtendo uns resultados óptimos. Se consideras que o teu perfil encaixa coas nosas políticas e valores, non esquezas rexistrarte e engadir os datos fundamentais do teu CV ao cumprimentares o teu perfil profesional. Seguir lendo
Xente nova profesional sen experiencia Estás rematando ou acabas de rematar os teus estudos? Para Coren resulta imprescindible poder contar con xente nova preparada, motivada e implicada no noso proxecto empresarial, que sexa quen de dar resposta aos retos presentes e futuros que a realidade presenta cada día. Se estás interesado en f... Estás rematando ou acabas de rematar os teus estudos? Para Coren resulta imprescindible poder contar con xente nova preparada, motivada e implicada no noso proxecto empresarial, que sexa quen de dar resposta aos retos presentes e futuros que a realidade presenta cada día. Se estás interesado en formares parte do noso equipo, rexístrate e lembra! Cantos máis datos engadas no teu perfil, máis probable será que os nosos recrutadores te atopen con facilidade cando xurdan novas oportunidades. Seguir lendo
CENTRO DE PROCESADO AVÍCOLA (CPA) Santa Cruz de Arrabaldo, s/n 32990 Arrabaldo, Ourense Tlf. 988 36 94 00